Exposición itinerante «As antas na Costa da Morte»

AG.- A Pedra Vixía, Pedra da Moura, Pedra da Arca, Pedra Cuberta, Arca da Piosa, Mina de Recesindes, Mina de Parxubeira, Pedra da Lebre ou Dombate son algúns dos monumentos fúnebres do megalitismo que se poden atopar na Costa da Morte. Para facer un achegamento didáctico a este valiosísimo patrimonio do noso pasado prehistórico, o Semescom (Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte) creou a exposición itinerante «As antas da Costa da Morte». Manuel Suárez e Xosé María Lema crearon o guión no 2011, no que colaboraron coas súas fotografías o vimiancés Roberto Mouzo, o arqueólogo Antón Rodríguez Casal e o propio Xosé María.

A mostra propón, a partir de 20 paneis, unha viaxe guiada polos dolmens máis representativos da zona. Un percorrido que comeza cunha introdución explicativa do que é unha anta e a súa contextualización na cultura megalítica.

Actualmente, a exposición atópase no CEIP Fogar de Santa Margarida da Coruña, onde o alumnado de diferentes etapas está a aproveitala con recursos coma estes:

Cuestionario (Megalitismo)

Encrucillado – Sopa de letras (Megalistismo)

Autodefinido (Megalitismo)

Tanto a mostra como as propostas asociadas están dispoñibles para seren aproveitadas por outras institucións ou centros educativos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *