AULAS GALEGAS CUMPRE 2 ANOS

Tal día coma hoxe fai dous anos principiaba o confinamento domiciliario escolar. Dende aquel día ata hoxe un colectivo de profesoras e profesores galegos traballaron arreo para publicar e manter Aulas Galegas, un proxecto para quitar á luz materiais educativos en lingua galega de calquera temática e para calquera idade. Despois destes dous fecundos anos, dámosvos as grazas polo voso seguimento e convidámosvos a colaborar connosco amosando o moito e bo que andades a facer nas aulas e fóra delas.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *