O ENTROIDO EN GALICIA
AG: Esta semana queremos celebrar o entroido, a mestra Carmen Bello traenos esta proposta na que percorreremos as diferentes manifestacións do entroido en Galicia.
“A Galicia enteira, o mesmo no campo que nas vilas e nas cidades, celebra con ledicia, cando vai acabar o inverno, as festas do Entroido.
O Entroido é a festa na que os costumes se relaxan, os roles invértense e un pode rirse de todo.
Son unhas festas nas que participan todos: meniños, mozos e vellos. As familias e os amigos xúntanse para xantaren o tradicional lacón con grelos, seguido das torradas, das orellas e das filloas que tan ben lle saben aos novos e aos vellos.”
Ademais do genially Carmen compartíu con nós estes documentos: ENTROIDO, O entroido en Galicia