Nova edición de ArteLixo

ArtelixoAG.- Un ano máis chega o ArteLixo nunha nova edición que desta volta estará dedicada aos NOSOS MONTES.
ArteLixo 2022 será, como vén sendo habitual, no mes de abril, entre o 2 e o 16. Se estades interesadas en participar, podedes ir tirando de imaxinación e conciencia medioambiental para recrear a arte máis pura que loce ano tras ano neste municipio. Marcade no almanaque a data límite para a inscrición: VENRES 25 DE MARZO
Seguiremos informando.
 
DATA ARTELIXO 2022
PRAZO INSCRICIÓN: ATA O 28 DE MARZO
EXPO 2 A 16 DE ABRIL
 
Para calquera dúbida podedes contactar con nós mediante este enderezo de correo electrónico ou no tlf: Kiko 610405953
(Axuntamos Folla de Inscrición)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *