Vocabulary organiser
AG.- Sempre dicimos que aspiramos a que o noso alumnado gañe autonomía á hora de aprender. Nesta liña, a profesora Olalla Calo deseñou unha ficha na que, ben dixitalmente ou ben en papel, a rapazada poderá organizar todas esas palabras que van aprendendo na lingua estranxeira. Deste xeito, poderán ter todo ese léxico ben ordenado, o que seguro lles facilitará a tarefa de asimilalo. Veredes como facedes bo uso del.