O TABÚ DA CIDADE
AG: Hoxe quero compartir con vós un xogo para aprender termos relacionados coa cidade. Consiste en adiviñar de que termo estamos a falar, pero sen poder empregar unha serie de palabras tabú (tabú significa que non se pode nomear). As regras son moi sinxelas.
- Precisamos como mínimo dúas persoas para xogar.
- Á persoa a quen lle toca colle unha carta (que estarán colocadas nun montón boca abaixo).
- Cada tarxeta conta cun termo (en letras azuis) e varias palabras tabú.
- A persoa que colle a carta debe intentar definir o termo sen empregar as palabras tabú que aparecen escritas na tarxeta.
- A persoa que acerta o termo será a seguinte en coller carta.
- Gana quen máis contos acerte.
Podedes descargar aquí as tarxetas