Calendario Científico Escolar 2022
AG.- O proxecto “Calendario Científico Escolar 2022” consiste na elaboración dun calendario dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria. Cada día recolleuse un aniversario científico ou tecnolóxico como, por exemplo, nacementos de persoas destes ámbitos ou conmemoracións de achados destacables. Ademais, o calendario acompáñase dunha guía didáctica con orientacións para o aproveitamento educativo transversal do calendario nas clases, incluíndo actividades adaptadas a cada tramo de idade e ao alumnado con necesidades especiais.
Premede na imaxe para descargalo.