VIRUS en galego

AG.- Se cadra, lembrades a serie que dedicamos aos xogos de mesa durante o confinamento. Nela presentamos varios xogos que viñan de perlas para pasar ese tempo obrigado na casa: DOBBLE, DIXIT, A NOITE DO MEIGALLO… Pois ben, grazas á nosa compañeira Lorena, soubemos que un dos xogos de mesa máis populares dos últimos anos, o VIRUS, ten xa as instrucións en galego. Tanto na súa versión 1 como na súa versión 2.

Nesta época pandémica, podemos gozar con emoción e risos deste vírico enredo de cartas, Nel cómpre infectar os órganos (corazón, ósos, cerébro…) dos contrincantes e, á vez, manter os teus sans. Realmente divertido e adictivo. Algo bo había que tirar de tanto virus!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *