E que hai dos deberes? Tania Vieites en Balea Vermella | 2×19 | Psicoloxía educativa

AG. O proxecto de divulgación científica Balea Vermella, que xorde do traballo conxunto de Javier Balea (químico) e Iria Veiga (psiquiatra), estase a converter nun referente no Twitch en galego e, en xeral, no panorama creativo nas redes no noso idioma. Xa con anterioridade os poideramos ver xuntos na serie de vídeos Concienciadas en Praza que contou con 4 capítulos.

Iria Veiga e Javier Balea nunha das portadas de “Concienciadas”.

Nas emisións de Balea Vermella poderás atopar entrevistas a xente de ciencia que está a facer cousas moi interesantes e que, por desgraza, a maioría de nós descoñecemos. Ademais das entrevistas tamén ofrecen de cando en vez programas de fasquía diferente, con xogos e outro tipo de contidos.

Viñeta de Andrade publicada na web de CIG-Ensino.

Esta semana Iria e Xabier, no programa Balea Vermella | 2×19 | Psicoloxía educativa, convidaron a Tania Vieites, pedagoga e investigadora do GIPED (Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa) da Universidade da Coruña, para que falase dos seus traballos arredor dos deberes escolares e do MITCA, o método de implementación de tarefas para a casa que desenvolveron.

Ligazóns de interese:

Balea Vermella Instagram

Balea Vermella Ivoox

Balea Vermella Twitch

Balea Vermella Twitter

Balea Vermella YouTube

Balea Vermella | 2×19 | Psicoloxía educativa

Chíos de ciencia en galego | Javier Balea | LGx15 de 2018

Concienciadas en Praza

Iria Veiga e Ángel Carracedo – Conseguiremos a alegría de descubrir – Novas voces para a lingua

Javier Balea (@javierbalea en Twitter)

Iria Veiga (@rainhavermella)

MITCA ( método de implementación de tarefas para a casa)

Pingas de humor crítico (blog de Andrade)

Síndrome do Noroeste | Iria Veiga | LGx15 de 2018

Tania Vieites Lestón

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *