Xa temos o Wordle en galego!
AG.- Se cadra aínda non coñeces Wordle, ese xogo de cadros verdes, grises e amarelos de moda nas redes sociais. Coidado con el, é moi adictivo. Basicamente consiste en descubrir unha palabra de cinco letras en só seis intentos. O enredo, como nos explica este artigo do xornal electrónico Praza Pública, foi creado o pasado mes de outubro polo enxeñeiro informático Josh Wardle, en Brooklyn (Nova York). Ben, pois a gran noticia é que xa o temos dispoñible en galego grazas a Abraham Martínez Gracia.
A súa sixeleza é parte do éxito. Non hai pistas. Na pantalla aparece unha grella de 5×6. Primero hai que escribir unha palabra en galego e despois avánzase no descubrimento da palabra a partir das letras que se utilizaron. Se aparece unha letra en verde, significa que a letra está na palabra e, ademais, no lugar indicado. Se aparece en amarelo, significa que a letra está no vocábulo mais non no lugar correcto. Finalmente, se aparece en gris, significa que a letra non está na palabra. A principal dificultade é que só hai seis intentos para adiviñar o termo. Recorda o Mastermind, o xogo clásico de descodificación con fichas de cores.
Ademais, cómpre saber que é un xogo de acceso libre, sen rexistros previos e sen anuncios. Cada 24 horas hai unha palabra nova de 5 letras para descrifrar e só se pode xogar unha vez por día.
Adiante! A poñer a proba o teu fondo léxico co Wordle! E graciñas, Abraham!
Pingback: E agora chegou o Worldle - Aulas Galegas
Pingback: E agora... o Pensatermos! - Aulas Galegas