Jenga do Día da Sida

AG.- Lorena del Palacio e Esther Domínguez Martín  do IES Alfonso X  O Sabio de Cambre, comparten os recursos que van empregar no instituto para conmemorar o día da SIDA.
Todo o material foi elaborado polos alumnos de Cultura Científica de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato.
O primeiro é un conxunto de preguntas para xogar ó Jenga (ou similares), se ben poden adaptarse a calquera outro tipo de dinámica. No noso caso, mercamos dous xogos de imitación con pezas de cores, e o alumnado numerounas. Adxuntamos instrucións de como o imos realizar nós e tamén as preguntas e que podedes descargar na ligazón  Jenga Día da SIDA_
O segundo son un conxunto de definicións para organizar un Pasagalego. No laboratorio había xa uns roscos feitos con cartón e goma eva principalmente dunha actividade realizada en anos anteriores. O que fixeron os rapaces e rapazas foi deseñar as definicións axustadas á temática ‘VIH e SIDA’ conxunto de tarxetas coas definicións que podedes descargar  nesta ligazón PASAGALEGO VIH e SIDA_

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *