Canto sabes da historia da lingua galega?

AG.- Agregamos ao noso fondo de recursos de Enredos este novo Genially: Canto sabes da historia da lingua galega. En formato Trivial, temos a opción de poñer a proba os nosos coñecementos acerca da historia do galego (desde a súa orixe ata a etapa medieval).

Un sinxelo recurso ideal, por exemplo, para 3º da ESO. Ah! E con música de fondo. Non esquezades activar o audio.

Trivial: Canto sabes da da historia da lingua galega?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *