Xogamos ao Memory do Corpo Humano
AG.- Esta vez queremos propoñervos un xogo ben coñecido, o “memory”, coa temática do corpo humano, unha das máis coñecidas e traballadas nas Ciencias da Natureza en Educación Primaria.
Este “memory” está pensado para os primeiros cursos posto que non están representados todos os termos que o alumnado ten que coñecer, senón os máis xerais ou recoñecidos.
Para poder empregalo debemos imprimir e recortar as tarxetas, colocando o símbolo coas siluetas do home e a muller como parte de atrás de cada unha delas. Recomendamos plastificar para que o xogo dure.
Unha vez feito, para xogar só temos que colocar todas as tarxetas boca abaixo e, en cada quenda, cada participante levanta dúas delas. Se o picto coincide co termo que lle corresponde, queda coas dúas tarxetas. Finalmente, gañará o participante ou o equipo que conte con máis cartas.
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Gobierno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://www.arasaac.org), que os distribúe baixo Licencia Creative Commons BY-NC-SA.