Identificando doenzas

Xoan Xosé  Santos Costa desde o IES Politécnico de Vigo, comparte unha secuencia de actividades para Cultura Científica de 4º de ESO.

Imos indicar unha serie de casos ficticios sobre doenzas infecciosas, tes de tentar achar as respostas a estas cuestións (ollo pode haber varias respostas corretas válorase o razonamento):

 O tipo de patóxeno que as causa (ollo poden haber varias respostas correctas sempre e cando poidas razoar ben o tipo de patóxeno que a causa).

 Cales son os síntomas desas doenzas.

 Existe nalgún dos casos existen vectores de transmisión? Cal é?

 Cales son as vías de transmisión en cada caso.

 Indica algunha medida que poida mitigar estes casos.

Suposto 1

 

Unha parte da poboación ten síntomas intestinais, diarrea, cólicos, falta de apetito… aparte de síntomas xerais como febre ou calafríos. Toda a poboación afectada vive perto dunha zona de grande explotación de gado. A causa foi unha infiltración de restos de excrementos dunha FOXA SÉPTICA a pozos e fontes.

 

Suposto 2

Unha atleta chega a unha consulta de dermatoloxía con rubor na pel e proído intenso nos pes. Esa atleta estivo nunha concentración deportiva moi concurrida na semana anterior. Hai outras persoas da concentración con estes síntomas; todos estes partillaron instalacións hixiénicas nesa concentración.

 

Suposto 3

Un centro educativo ten un alto número de casos de alumnado con mucosidade nasal, lagrimexo, esbirros … As infeccións desenvolveronse rapidamente; porén por zonas, comezando primeiro nunha aula concreta, despois nun nivel educativo concreto e despois por todo o centro. Porén facérense moitos cultivos non se detectaron colonias de microorganismos patóxenos.

 

Suposto 4

Unha viaxe de investigación a unha área remota dunha selva tropical, terminou con gran parte dos membros da expedición mostrando febres (en casos graves até delirios), tremores, anemia e debilidade xeral. Moitas veces as pacientes que parecen recuperadas recaen seguidamente. O tratamento con antibióticos non responde, así como as probas de antivirais. Suposto 5 Unha praga dunha especie exótica de mosquito na cidade de Vigo provoca unha serie de casos en atención primaria por dores de cabeza, antes eses síntomas existían porén eran moi escasos e localizados.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *