Quen é?

AG.- Nesta ocasión proponémosvos un xogo, a idea é que sexa o propio alumnado o que escolla as personaxes e elabore as pistas. É unha actividade axeitada para todos os niveis de primaria. Como noutras ocasións é totalmente reutilizable, para que poidades adaptalo aos vosos gustos e necesidades. Este pequeno enredo axúda na expresión escrita, na motivación e na atención. Quen é! Anímate a facer o teu. 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *