7 days in a week!
AG.- Esta actividade está pensada para aquela rapazada á que lle custa moito a pronuncia en inglés. Por iso, imos comezar polo máis básico. A profesora Esther Martínez preséntache os días da semana correctamente pronunciados e inclúe a súa transcrición fonética para que te vaias familiarizando con estes símbolos.
Propoñémosche agora estoutra actividade elaborada por lcurinao na que deberás recoñecer que día da semana que está a ser pronunciado. Seguro que despois disto vas poder falar moito mellor.