Vida práctica
AG.- Esta semana traemos unha proposta de vida práctica que preparou a profe Sandra Atanes. Deixovos coa súa proposta:
“Cando collemos un obxecto para realizar un xesto de precisión, como neste caso, póñense en marcha moitos procesos. A prensión, o agarre en pinza, a coordinación óculo- manual, a concentración e a atención sostida, xa que outros estímulos próximos nos poden distraer. Ademais nesta proposta de vida práctica tamén se desenvolven procesos de lóxica- matemática, pois manipúlanse coleccións de dous elementos diferentes: macarróns e pauciños de madeira. E aí xorden outras experimentacións, como inserir macarróns nos pauciños, no escorredoiro, meter pauciños na azucreira… Non tedes máis que observar detidamente”.
Podedes seguila no seu instagram: mingo_na_aula