Xogos Tradicionais Galegos

AG.- Os xogos son unha parte fundamental do noso patrimonio inmaterial e, se cadra, un dos saberes nos que a transmisión directa aínda é posible. Nunha sociedade tecnolóxica como é a nosa, os xogos físicos, que requiren o exercicio da imaxinación, da axilidade mental e física, ofrécennos unha posibilidade doada de usar, gozar e, xa que logo, de preservar a memoria dos ancestros e facela útil cara ao futuro.

O Consello da Cultura Galega presenta así Xogos Tradicionais Galegos, un valiosísimo proxecto elaborado en colaboración co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Unha ferramenta concibida como: apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano. Pero tamén para calquera persoa, de calquera idade, que queira xogar, pois o ser humano xoga durante toda a súa vida.

En formato web e tamén app. Coa posibilidade de traballalos por idades, por obxectivos, por tipos de xogo… Unha verdadeira marabilla!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *