Buscando a liberdade!
AG.- A profesora Rosa Alonso Lozano envíanos esta proposta para traballar o 25 N. Como introdución sería bo facer unha pequena reflexión sobre a situación da muller aquí e noutros lugares do mundo. A continuación amosaranse os grafittis da afgá Shamsia Hassani que reflicten a vida das mulleres en Afganistán e a seguir a proposta da creación dun lema para cada imaxe.
Esta é a proposta de Rosa mais podedes achegar calquera outra que vos suxira este traballo.