Comparando formas xurídicas por equipos

AG.- Compartimos unha sinxela actividade que serve para traballar na aula as principais formas xurídicas en que se pode constituír un proxecto empresarial: empresaria/o individual, sociedade anónima, sociedade limitada e sociedade cooperativa.

Metodoloxía: tras unha breve introdución por parte da/o docente de cada unha das formas xurídicas, proponse dividir a aula en 4 subgrupos para afondar coa técnica do quebracabezas nos novos conceptos, e entregar este Cadro formas xurídicas_en branco ao alumnado. Cada un dos 4 subgrupos en que se dividiu a clase terá  agora como obxectivo converterse en “subgrupo experto” dunha fórmula xurídica a través da busca de información necesaria que permita completar os datos do cadro para a “súa” forma xurídica. Despois duns minutos de investigación por parte de cada subgrupo experto, realizarase unha posta en común na aula para que todas e todos poidamos ter completo un Cadro formas xurídicas_completo coma este, coa información das 4 formas xurídicas estudadas na sesión. Agardamos que vos resulte útil esta actividade!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *