Tinguimos follas de outono
AG.- Ola rapazada! Hoxe traémosvos unha proposta da profe Rosa Mouzo que nos encanta! Agardamos que a vós tamén:
Tinguimos follas?
Chegou o outono. As follas das árbores regálannos mesturas de cores que son unha delicia para ver, mais nós tamén podemos probar a facer esas mEsturas nunha folla de papel!
Precisamos filtro de café para facer follas caducas de árbores autóctonas (carballo, castiñeiro…). Cómpren tres vasos de vidro pequenos para verter neles auga e témpera, preferiblemente verde, vermella e amarela para que así xs nenxs experimenten as mesturas e poidan obter outras cores coma o laranxa ou o marrón. Para verter a auga sobre as follas será necesario un goteiro. As follas poñerémolas nunha bandexa transparente para que non se derrame a auga pola mesa, e… a experimentar!
Agardamos que vos preste!