Pakolas recursos na rede
AG.- Ola rapazada! A que vos gusta moito Pakolas e a súa música??? Pois hoxe el mesmo nos trae unha chea de recursos para traballar o seu libro disco!
En canto aos recursos:
- Por unha banda un obradoiro de plastelina de creación da figura de Ramona Órbita, do seu último librodisco.
- Este obradoiro foi promovido pola Biblioteca Provincial da Deputación de Coruña e impartido por Ana Tenreiro, no día Día da Muller, o 8 de marzo, para representar a nosa científica e labrega favorita. Poderedes atopalo en www.pakolas.com/ramonaorbita/faiatuaramona
- Os karaokes das cancións do librodisco, dispoñibles tamén na web www.pakolas.com/ramonaorbita/karaokes
- Os vídeoclips dalgunhas das cancións do último librodisco “Ramona Órbita”, en www.pakolas.com/ramonaorbita/videoclips
- O reto BOOKFACE. Recomendacións de lectura infantil e xuvenil a través das fotos #bookfacefriday que se publican os venres na rede social, e tamén dispoñibles a través da web www.pakolas.com/retobookface. Se queredes facelos participar, é un novo reto de animación á lectura!
- E xa por último os festexos e días conmemorativos, relacionados coa nosa cultura, a nosa música, as nosas tradicións e moitos máis. Dispoñibles en www.pakolas.com/festexos
A información do librodisco está dispoñible tamén pola web, www.pakolas.com/ramonaorbita, estreado en agosto de 2020 e que xa conta con terceira edición neste mes de setembro de 2021. Nesta ligazón ao fondo de todo tamén están dispoñibles as unidades didácticas para libre descarga e para poder traballar na aula.
Pakolas dispón de varios espectáculos dispoñibles para coles, que poden consultar nas seguintes ligazóns (descarga picando sobre eles), así como na web www.pakolas.com/espectaculos:
Que? Animádesvos?