Sistema Solar Dinámico método RK4 Runge-Kutta Gravitacional N partículas

https://www.desmos.com/calculator/j2cgox4qv4

AG.- Nesta simulación poderase experimentar coas órbitas dun sistema moi grande de corpos orbitando ao redor do Sol. Premendo sobre o botón coa etiqueta “FisQuiMat” podes parar e reiniciar a animación.

Podes arrastrar o propio Sol para alterar todas as traxectorias. Preme en FisQuiMat para repoñer a situación inicial.

Na área lateral esquerda pódense configurar varios deslizadores.

v_{factor} é a porcentaxe dunha órbita perfectamente circular (valor 1). Para un valor de 0.7 é moito máis elíptica. Valores menores producirían a “colisión” ou entrada do corpo no interior do Sol. A simulación permite calcular a gravidade no interior do Sol sen que se produza una colisión ou rebote.

“n” é o número de planetas. Debe reiniciarse a animación premendo na etiqueta “FisQuiMat” para actualizar o número de planetas.

B_{rightness} controla o brillo do Sol (os corpos aparecerán máis brancos e veraces liñas de referencia mais lonxe)

O resto de parámetros están suficientemente explicados no propio código.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *