Campo Gravitatorio Dinámico método RK4 Runge-Kutta con vectores e traxectoria

AG.- Moisés López Caeiro do colexio Santa María do Mar na Coruña comparte  unha serie de simulacións interactivas de Física de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións. Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado si poderá facer copias e modificalas na súa propria conta de Desmos.

Comezamos co Campo Gravitatorio Dinámico método RK4 Runge-Kutta con vectores e traxectoria 

https://www.desmos.com/calculator/qtcj4ooimp

Nesta simulación poderase experimentar coas órbitas de varias lúas ao redor da Terra. Premendo sobre a Terra podes parar ou comezar a animación. O panel da dereita amosa os datos dinámicos da lúa seleccionada. Podes cambiar de lúa premendo no botón “lúa”. Se premes “Datos” atocha ou amosa os datos. O botón fondo permite alternar entre fondo oscuro ou claro. O deslizador verde permite controlar a velocidad do tempo cara a adiante ou cara a atrás. A etiqueta “FisQuiMat” pódese arrastrar para mover o panel completo.

Na área lateral esquerda pódense configurar varios deslizadores.

L_{trail} é a lonxitude da traxectoria. Canto máis baixo é o número, mais curta é a traxectoria, pero máis fluída é a animación.

v_{factor} é a porcentaxe dunha órbita perfectamente circular (valor 1). Para un valor de 0.7 é moito máis elíptica. Valores menores producirían a “colisión” ou entrada do corpo na Terra. A simulación permite calcular a gravidade no interior da Terra sen que se produza una colisión ou rebote.

“n” é o número de lúas. Debe reiniciarse a animación premendo na imaxe da Terra para actualizar o número de lúas.

O resto de parámetros están suficientemente explicados no propio código.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *