Have you ever…?
AG.- Comezamos outubro cunha actividade para fomentar o uso da lingua oral na clase ao tempo que repasamos o presente perfecto en inglés. A profesora Luana BR deseñou unha ruleta na que o alumnado deberá ir contestando a pregunta que lle toque en sorte. Seguro que o pasan xenial e van perdendo ese medo a falar diante dos demais.