Xornalistas a través do tempo
AG.- Queres crear un telexornal nas aulas de Historia? Retransmitir a Historia e a Xeografía é o que nos propón Isabel González Piñeiro. A actividade “Xornalistas a través do tempo” mostra paso a paso como converter os contidos da materia en noticia e ao alumnado en xornalistas. A actividade pódese realizar en calquera dos niveis da ESO e mesmo en Bacharelato.
O resultado do traballo con 1º da ESO coas novas e os acontecementos clave da Prehistoria e da Idade Antiga pódese ver aquí.
E o traballo con 2º ESO, os Telemedievos, Xornalistas polo mundo e Xornalistas-cidades do mundo premendo aquí.
As instrucións para aplicar esta actividade na aula pódelas descargar nesta ligazón.