Comezamos coñecéndonos

AG.- Comeza o curso e, ademais de aprender lingua, tamén temos que coñecérmonos. A profesora, Lorena Carrasco, proponnos algunhas dinámicas para traballar na clase de Lingua Galega e Literatura nestes primeiros días do curso.

  1. Verdade ou mentira?

Cada alumno/a ten unha estrela de cinco puntas. En cada unha das puntas escribe un dato e, cando o profesor ou profesora llo pida, reproduce a estrela na pizarra. Por quendas o resto tentará adivinar a que pregunta responde cada unha das palabras escritas.

 

  1. Dúas verdades e unha mentira

Un alumno ou alumna di tres oracións sobre ela mesma, dúas das cales serán verdades e unha mentira. O resto ten que adiviñar cal delas é a falsa.

 

  1. Avións de papel

En papeis reciclados ou en folios usados por unha cara, o alumnado escribe palabras que fan referencia a datos importantes da súa vida. Logo lanzan os seus avións de papel pola clase e outros compañeiros/as recóllenos. Unha vez lida a información que contén o avión, teñen que adiviñar de quen se trata.

Nota: se nós nos unimos ao xogo, daralle un punto extra de intriga!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *