I Xuntanza Aulas Galegas
É para nós unha honra contar co apoio da Casa de Rosalía que nos acollerá nesta cita, xa que, a Rosalía e a Aulas Galegas, únenos o amor e a defensa da nosa lingua.
Esta cita educativa dirixida ao profesorado galego de calquera materia, nivel ou etapa nace con vocación festiva ao ofrecer a posibilidade de que se coñezan persoas que levan máis dun ano traballando xuntas a distancia e tamén outras que se queiran achegar a esta iniciativa e compartir experiencias e recursos educativos en galego.
Ao longo da mañá, ademais de diferentes dinámicas participativas, ofreceranse nove relatorios de curta duración (15 minutos) con propostas concretas de traballos docentes. Entre as persoas relatoras figuran: Francisco Bermúdez Prieto (Fran da Lobeira), Aida Calvela Louro, Jose Antonio Fraga Moreiro, Naír García Abelleira, María Isabel González Piñeiro, Manolo Maseda Deán, Ana Isabel Pérez Tomé e Xacobo de Toro Cacharrón.
Tamén haberá tempo para falar da evolución de Aulas Galegas e do seu futuro máis inmediato.
A media mañá faremos unha parada para repoñer forzas e posteriormente compartiremos xantar.
Respectaranse as medidas sanitarias de prevención vixentes e por iso só podemos ofrecer 50 prazas.
Se queres asistir, reserva a túa praza cumprimentando o seguinte formulario.
https://forms.gle/pGaB6ZHWu3yM3zDq5
Agardámoste!