Visión de Mosca

Xoan Xosé Santos Costa comparte  con A.G. un traballo para Bioloxía de primeiro da ESO. Trátase dun pequeno traballo de investigación sobre algúns detalles da anatomía e fisoloxía  dos invertebrados, concretamente sobre ollos de insectos, arañeiras e os pelos polos que se suxeitan ás paredes.

A actividade compleméntase cunha rúbrica de avaliación e temporalízase en dúas  ou tres sesións de aula.

Elixe unha actividade

Actividade 1: A metamorfose

“Cando Gregorio Smasa acordou unha noite dun soño intranquilo, atopouse na súa cama convertido nun monstruoso insecto”… Así comeza “A metamorfose” un dos libros máis coñecidos do século XX.

  • Non imos ler o libro, mais que tal se pensarmos como ese protagonista (Gregorio Smasa) vería o mundo?
  • A que me refiro? Os insectos teñen uns ollos peculiares, pesquisa como son ollos dos insectos e descríbeos
  • Como verías ti o mundo cos ollos dun insecto? Podes ilustralo de dúas formas:
    • Describe cunha pequena redacción como sería a túa experiencia de terte levantado se tiveses esa metamorfose.
    • Ilustra cun debuxo ou unha montaxe fotográfica como ve un insecto.

Actividade 2: O Home Araña

 

Talvez esta sexa a frase máis coñecida de Spider-Man se non a coñeces é unha das frases máis célebres do mundo dos superheroes, nós imos pesquisar sobre as arañas.

Imaxina adquirires os poderes de Spider-Man, e vas ir adquirindo as características das arañas.

Realiza un diario:

  • Acabas de descubrir que podes trepar polos muros. Como poden as arañas facelo? Podes describir que acontecería co teu corpo para poder facer como spider-man
  • Acabas de descubrir que podes arremesar arañeiras. Como poden fabricar as arañas esas arañeiras? Que propiedades poden ter esas arañeiras? Por que é tan difícil para librarse delas?

.Rúbrica de avaliación Visión de Mosca


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *