Unidade didáctica “Alimentos de tempada”
Amigos da Terra e Aulas Galegas lanzan hoxe a segunda das unidades didácticas para traballar na aula temáticas relacionadas coa agricultura e a alimentación, adaptadas á contorna telemática e ao traballo a distancia. Esta proposta permitirá ao alumnado reflexionar sobre a orixe dos alimentos, calcular os kilómetros que percorren ata chegar á súa mesa e coñecer a súa estacionalidade.
Nome: “Alimentos de tempada”
Destinatarios/as: Alumnado de 3º ciclo de Ed. Primaria
Obxectivos:
1. Describir ordenadamente o proceso de obtención dun produto ata a súa venda, valorando o impacto deste proceso no medio ambiente.
2. Explicar as causas e consecuencias do cambio climático e actuacións responsables para frealo: alimentos de proximidade e alimentos de tempada
3. Recoñecer estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo e tamén do medio ambiente.
4. Elaborar un menú saudable con alimentos de proximidade e de tempada