Nee Barros presenta Identidade

AG.- Recoméndovos hoxe unha obra de teatro recén saidiña do prelo, é a obra Identidade , a segunda publicación do seu autor Nee Barros; como ben nos achega o título o drama trata sobre a identidade de xénero, sobre como nos identificamos: masculinos, femininos, neutros… e como nos identifican as persoas que nos rodean.

Un simple acto, o de nacer, é o que marca a nosa vida” así comeza cunha voz en off a obra, (…) Está claro que os nomes, coma ti dixeches, crean vínculos coa familia; pero o meu creou un vínculo coa persoa equivocada. Creou un vínculo coa túa filla María, pero xa é hora de que te decates de que en realidade o teu fillo se chama Zé” di o personaxe de Zé no primeiro acto da obra de teatro nunha carta á súa nai.

O proceso de autocoñecemento acompáñanos durante toda a nosa vida e o respecto pola identidade propia e pola dos demais e a aceptación da diversidade é fundamental para unha convivencia equilibrada e en paz na nosa sociedade.

É que o xénero non ten que ver coa roupa, e nin sequera coa relación co teu corpo (…) Penso que todo o mundo está en certa maneira descontento coa súa categoría..” di Zé no segundo acto.

A proposta para esta obra tan enriquecedora de Nee Barros é realizar unhas sesións de lectura en voz alta da obra e rematar cun debate cxs compañeirxs sobre como sentimos a nosa propia identidade e o noso xénero, unha mirada cara a nós mesmxs e xs que nos rodean. Feliz viaxe interior.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *