Día do Comercio Xusto – sabes canto custa a túa roupa?
AG.- Bota un ollo á túa roupa e mira onde está feita: que camiño cres que ten que percorrer esa prenda ata chegar ao teu gardarroupa?
Co gallo da conmemoración do Día do Comercio Xusto o próximo 8 de maio compartimos unha breve actividade para cuxa dinamización na aula podedes descargar a ficha para alumnado xunto cunha breve presentación de contidos complementarios para a facilitación da mesma… e tamén para a busca de reflexións por parte de alumnado e profesorado.
Esta actividade encaixa moi ben para facer unha segunda sesión lúdica con XOGANDO COA MODA GALEGA.