Dicionario ilustrado de fraseoloxía

AG.- Lorena Carrasco propón traballar os refráns mediante a elaboración dun dicionario de fraseoloxía ilustrado.

Na primeira fase do proxecto, o alumnado recolle frases feitas e refráns en galego.

Na segunda fase, cada persoa prepara a páxina do seu refrán (escribe en letras fermosas e realiza unha ilustración).

Colectivamente, na terceira fase, o alumnado compón un dicionario de refráns ordenados alfabeticamente que podedes plastificar e encadernar.

A gozar da fraseoloxía!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *