Lingua e cultura galega
AG.- Rute Pallares, responsable da comisión de normalización lingüística de Foanpas, pídenos colaboración e difusión do seu proxecto. Co gallo das Letras Galegas e para poñer en valor a nosa lingua e cultura diariamente pide colaboración para que se envíen vídeos curtos, non máis de 2’3o”, e gravados en horizontal, onde se acheguen ideas e suxestións sobre a lingua e a cultura galega.
Agradecen moito a colaboración e a difusión desta iniciativa que tenta pór en valor o noso.
Os vídeos deben ser enviados, o máis axiña posible, a rute@foanpas.com.
Como modelo achegan este feito para o Día da Lingua Materna:
Animádevos!!!!