“EU SON A”. STEVE TASANE.

AG.- Eu son A de Steve Tasane,tradución do inglés de Carlos Acevedo e publicada en Factoría K, é unha novela inclusiva e diversidade cultural que nos dirixe a mirada cara eses nenos e nenas anónimos ( son A., son M., son O., … xa que non teñen unha historia de vida, non teñen pasaporte, non teñen familia,…) que malviven nos campamentos de refuxiados de todo o mundo.

Unha historia conmovedora a de A. quen foxe da súa soidade rodeándose doutros e doutras coma el e aos que convida a xogar para esquecer o espazo agobiante e insalubre do campamento, unha das frases máis fermosas que se repite no libro é:

Quen quere xogar?

A. e os seus amigos revolven no vertedoiro buscando o aproveitable e a pesar da súa curta idade, 10 anos, actúa e pensa coma un adulto que xa viviu cen vidas.

Destaca tamén a personaxe de Caridade, a cooperante que recolle os nenos sen familia no seu autobús de dous pisos e o de Hadrián, o mestre que ensina a ler e escribir aos nenos cun pau no chan lamacento.

Un libro de fácil lectura mais que nos encolle o corazón desde o comezo, no que o máis sinxelo ( unla pluma de cigoña, unha moras, un álbum de fotos…) poden ser os tesouros máis prezados duns nenos sen nome nun campamento de refuxiados sen nome.

A nosa proposta é a mesma que atopamos no fin da novela, achegádevos ás historias de vida reais dos nenos e nenas que aparecen en páxinas como:

https://www.savethechildren.net/

https://www.refugee-action.org.uk/

https://helprefugees.org/

Destacamos destes links as palabras maiúsculas e urxentes: SAVE, REFUGEE, HELP, CHILDREN


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *