Canva para educación

AG.- Canva é unha plataforma de deseño con milleiros de modelos que podes empregar para a túa aula. Grazas a canva podemos axudar o noso alumnado a desenvolver habilidades creativas e colaborativas que lles servirán para toda a vida.  A parte diso, Canva é moi intuitiva, e fará que a  comunicación e a aprendizaxe visual sexan máis fáciles e divertidas.

Ademais, está dispoñible de balde para docentes e alumnado!

Desde choivas de ideas e follas de traballo ata presentacións e pósters, infografías, tarxetas, mapas mentais …. agora toda a túa clase pode deseñar o que queira, cos elementos que deseñe e en equipo. 

Estes son algúns dos seus trazos:

  • Esta dispoñible en galego!
  • Conta con máis de 420.000 modelos
  • Conta con máis de 75 millóns de fotos, vídeos e elementos gráficos premium de arquivo de balde!
  • Dispón de máis de 3000 fontes
  • Poderás publicar e descargar tarefas e actividades para o teu alumnado.
  • Accederás ao teu contido en Google Drive, Dropbox e aos teus cartafoles
  • Poderás dar vida aos teus deseños con contido de Bitmoji, Giphy e YouTube
  • Poderás compartir os teus deseños en Google Classroom, Microsoft Teams e Remind

Que pasos debes seguir para crear unha conta de Canva para educación?

Para poder obter Canva Para Educación deberedes acreditar que traballades nunha institución pública ou privada na que exercedes como docentes. Estes son os pasos que tedes que seguir para conseguir unha conta:

  1. Dirixídevos á páxina web de Canva Para Educación.
  2. Premede no botón morado que di “Rexistrarse agora gratis”
  3. Logo premede sobre “Rexístrate co teu correo electrónico” IMPORTANTE deberedes rexistrarvos co CORREO OFICIAL que vos proporcionou a institución educativa na que traballades. 
  4. Unha vez rexistrados Canva recoñece que o voso correo é dunha institución educativa e ábrevos o acceso gratuito á plataforma coas funcións premium da versión PRO incluídas. Iso si, antes deberedes acceder ao voso correo institucional, onde atoparedes un correo para completar o proceso de rexistro. Simplemente premede sobre “confirmar correo electrónico”. Xa está, xa podedes acceder a todas as vantaxes de Canva PRO!

Entre outras vantaxes, teredes acceso a todas as ilustracións integradas en Canva sen marcas de auga. Tampouco atoparedes a característica coroa á beira das ilustracións premium. No seu lugar estará o birrete da conta educativa. Tamén poderedes crear clases, convidar estudantes, compartir deseños…


2 comentarios en «Canva para educación»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *