Xogo de mesa de economía: a Oca Financeira

AG.- Seguimos coa rolda de xogos de animais para repasar economía! Hoxe xogamos á oca financeira!

A nosa compañeira Ánxeles Barge (@AnxelesBarge) deseñou este outro xogo de mesa, seguindo a estela do xogo de naipes o “Burro Financeiro” para repasar economía seguindo a oca polo taboleiro.

De oca a oca e tiro porque me toca! Debedes rodar o dado e ir respondendo as preguntas sobre economía, algunhas teñen atallos e tedes que ter ollo de non caer na casa da morte!

Podedes descargar o taboleiro e as instrucións no pé desta entrada.

A primeira que chegue á meta, gaña!

Oca financeira

Oca 3,4,5


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *