Happy St. Patrick’s Day 2021

AG.- Hoxe, 17 de marzo, é San Patricio, o patrón de Irlanda, a quen se lle atribúe a cristianización da illa no século V. Na actualidade celébrase en moitas partes do mundo, especialmente onde hai comunidades irlandesas. Debido á inmigración que tivo lugar durante os séculos XIX e XX, é unha festa moi popular en Australia, Canadá e os EUA, onde se poden ver grandes desfiles e incluso se tingue o río de verde na cidade de Chicago. A xente viste roupa de cor verde e goza da comida e bebida tinguida desa cor, incluídas as pintas de cervexa! A profesora Raquel Fernández proponche pasalo ben con este xogo por equipos. Lá Fhéile Pádraig sona duit!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *