Óptica Xeométrica Espellos – Mirrors Geometric Optics
AG.- Moisés López Caeiro, profesor de Física e Matemáticas de Bacharelato no Colexio Santa María do ( FisQuiMat) presenta unha serie de simulacións interactivas de Física de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimente distintas situacións. Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado si poderá facer copias e modificalas na súa porpria conta de Desmos.
Premede na imaxe para acceder ao recurso.
Mirrors Geometric Optics
Nesta simulación poderase experimentar tanto con espellos cóncavos como convexos. O simulador permite configurar a posición e tamaño do obxecto. A imaxe e os seus parámetros calcularanse automaticamente. So hai que arrastrar o vértice do obxecto (punta da frecha verde).
Pódese converter o espello cóncavo en convexo arrastrando o punto focal da esquerda F cara á dereita da orixe (punto O), de xeito que F sexa positivo.
Na área lateral esquerda pódense configurar varios deslizadores.
A_rays permite configurar o trazado dos raios primario, secundario, terciario e dous tipos de feixes de luz (valores 0 a 5)
O deslizador A_distances permite activar ou desactivar a representación de distancias.
O delizador A_data permite mostrar ou agochar os parámetros e características do obxecto e da imaxe.
Saúdos.