Óptica Xeométrica con Desmos: Lentes
AG.-Moisés López Caeiro do CPR Santa María do Mar presenta unha serie de simulacións interactivas de Física de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións.
Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado poderá facer copias e modificalas na súa propia conta de Desmos.
Óptica Xeométrica Lentes – Lenses Geometric Optics
Premede na imaxe para entrar:
https://www.desmos.com/calculator/cu08zw5g4c
Nesta simulación poderase experimentar tanto con lentes converxentes como diverxentes. O simulador permite configurar a posición e o tamaño do obxecto. A imaxe e os seus parámetros calcularanse automaticamente. Só hai que arrastrar o vértice do obxecto (punta da frecha verde).
Pódese converter a lente converxente en diverxente ao arrastrar o punto focal da dereita F’ cara á esquerda da orixe (punto O), de xeito que F’ sexa negativa.
Na área lateral esquerda pódense configurar varios deslizadores.
A_rays permite configurar o trazado dos raios primario, secundario, terciario e dous tipos de feixes de luz (valores 0 a 5)
O deslizador A_distances permite activar ou desactivar a representación de distancias.
O delizador A_data permite amosar ou agachar os parámetros e características do obxecto e da imaxe.