Entroido para todos

AGR.- Nesta ocasión presentamos  3 actividades diferentes relacionadas co Entroido.

Por unha banda a nosa compañeira Diana Bericochea, de educación espacial,  preséntanos un material para traballar as matemáticas dende a temática do Entroido.

O material está pensado para traballar con alumnado TEA enmarcado en diversos niveis  de habilidades, con distintos estilos de aprendizaxe e execución e tarefas.

Así podedes descargar o material  preme aquí ou o material adaptado aquí. O material adaptado presenta claves visuais para poder traballar de forma autónoma. O material está adaptado con pictogramas de ARASAAC para que lle sirva de apoio visual á rapazada.

Por outra banda a compañeira preparou material para traballar con series, identificación, etc. sobre o entroido. (Preme aquí para descargalo)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *