To be & have got wheels
AG.- Se á túa rapazada se lle atragoan os verbos to be e have got, a profesora Olalla Calo proponche o seguinte xogo:
- Divide a clase en dúas metades.
- Asígnalle a cada grupo unha destas rodas de xogo.
Roda 1
Roda 2
3. Faille unha pregunta de cada roda a cada grupo. Se acertan, suman os puntos. Se fallan, non só non suman, senón que perden eses puntos.
4. Gañará o equipo que antes remate e consiga o maior número de puntos.
Verás como aprenden ao mesmo tempo que se divirten!