Nº 80 de EDUGA
Dende finais de decembro está dispoñible no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade o novo número de Eduga. Revista Galega do Ensino.
Este volume 80 (xullo-decembro 2020) recolle, nas súas diferentes seccións, experiencias innovadoras, boas prácticas e artigos de investigación, xunto ás colaboracións que incorporan os espazos xa clásicos como Foro ou A nosa escola e os centrados en ámbitos máis específicos como Formación, Innovación ou Bibliotecas. Completan o contido deste número a Entrevista a Covadonga Rodríguez Moldes, a Axenda e a Mediateca.