Mama , cóntoche un conto? Eu son gato…

AG.- A todas persoas nos gusta que nos lean un conto. Inda que o habitual é que sexamos as adultas quen lles leamos ás nenas e ós nenos, hai un pracer moi especial en escoitar da súa voz historias que, por veces, antes llelas contamos nós a eles.

A profesora Alexandra Cabana Outeiro, e a súa filla Leonor, lévanse lido moitos contos unha á outra e hoxe propóñennos un que une dúas das súas grandes paixóns: os libros e os gatos. Eu son gato, de Jackie Morris, editado pola editorial Lata de Sal, especializada en libros “gatunos”, é un fermoso libro ilustrado sobre un gato doméstico que soña ser outros felinos: xaguar, puma, lince, leopardo amur, león, gato salvaxe escocés, leopardo das neves, tigre siberiano e guepardo.


Alexandra e Leonor convídannos a escoitar o conto na voz desta nena, que ten 8 anos e cursa 3.º de Primaria. Podes tentar identificar os nove felinos nas distintas partes do conto, podes debuxalos, podes investigar sobre eles… E,
ademais diso, apetéceche escribir con que soñas ti? Ou con que soñarías se foses unha gata ou un gato? Ou unha leoa? Ou un guepardo?

E, fagas o que fagas, anímate a ler moitos contos e a lérllelos ás persoas maiores, seguro que se van animar a soñar contigo!

Deixámosvos o PDF da entrada por se o queredes descargar.Mamá, cóntoche un conto

Moitas grazas a Leonor e a Alexandra Cabana por compartir con nós as súas lecturas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *