A miña receita da paz
AG.- Que tal rapazada! Hoxe traémosvos unha nova actividade da man da mestra Ana Couñago. Comezamos!
Imos elaborar a nosa receita da paz.
Preparación: levaremos unha pota á aula onde as crianzas poidan meter os ingredientes escollidos.
Teremos as tarxetas dos ingredientes recortadas ou darémosllelas aos nenos e nenas para recortar. Outra opción será que cada neno e nena cree as súas tarxetas.
Comezamos: cada cativo/a irá introducindo un ingrediente no interior da ola; neste momento pode iniciarse un pequeno debate do motivo polo que se incorpora ese ingrediente á nosa receita.
Unha vez escollidos todos os ingredientes cada neno e nena escribirá a súa receita.
Esperamos que á rapazada lle guste a actividade!
Premede na imaxe para descargar as tarxetas: