Concurso de microrrelatos aconsonánticos
AG.- Para seguir dándolle vida á sección de Enredos, repesco unha proposta do meu vello blog Xogosdelingua: os microrrelatos aconsonáticos. A cuestión é ben sinxela, crear un microconto (ou mesmo un poema, se se prefire) sen usar unha soa consoante. O galego, por sorte, ofrece un abano ben amplo de posibilidades, máis que noutros idiomas, de certo.
Unha boa idea é organizalo a xeito de concurso de microrrelatos. Aquí deixo un par de exemplos olustrados.