Ciencia vs ética
AG.- Propoñémosche este dilema anti-estereotipos, para que repenses as túas decisións nunha situación como a seguinte.
Unha científica descobre a forma de introducir recordos falsos e eliminar recordos verdadeiros da mente dunha persoa de xeito que ese recordo sexa indistinguible dun recordo real.
En xeral, a científica considera que non é razoable usar este coñecemento, pero o seu home e ela acaban de pasar por unha experiencia traúmatica: durante a pandemia tivo un asalto na súa casa, o seu home foi violado e maltratado. O home está sufrindo e non parece capaz de superalo. Ao ver o seu home fundido na depresión a científica decide alterar o recordo do seu home e substituilo polo falso recordo dunha fin de semana pracenteira na súa casa.
É correcta a acción da científica?