As mulleres do porvir

AG.- Dende o Consello da Cultura Galega envíannos esta lectura dramatizada. Con el o CGC quere homenaxear a pensadora Concepción Arenal, pero tamén a actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega pola Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.

Nela podes aprender un pouco máis sobre estas figuras femininas tan silenciadas habitualmente.

Despois de o ver, busca información sobre Dorotea Bárcena e sobre Concepción Arenal. A continuación, procura actrices galegas actuais. Tamén te podes animar a faceres ti unha pequena lectura dramatizada e partillala nas redes sociais co cancelo #aulasgalegas. Anímaste?

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *