Comezamos o ano pensando…sobre multinacionais

AG.- Pablo é un importante executivo de marketing e director executivo dunha multinacional farmacéutica.
A empresa de Pablo está interesada en recolectar algunhas especies de plantas que a súa investigación amosa como capaces de producir substancias que atacarían de forma radical varios tipos de cancro. Porén a empresa atópase coa oposición de varios grupos indíxenas que non queren que estranxeiros brancos poidan acceder ás terras onde se atopan as plantas e nas que está situado un santuario de augas curativas. Os mitos indíxenas narran que o declive da súa raza producirase cando ao santuario accedan non crentes.
Ademais case todos os indíxenas cren que os espíritos dos seus antepasados residen nese santuario e que conseguen dende el protexer a selva e a súa forma de vida.
Por suposto Pablo sabe que as accións da farmacéutica rematarán afectando a selva, xa que producirán unha explotación dos seus recursos polo que os indíxenas terán finalmente que trasladarse a outros territorios. Pablo sabe que a única forma de conseguir permiso dos indíxenas para explotar eses terrenos é mudar as súas crenzas e substituílas por unhas crenzas novas, para esta acción vai usar as novas tecnoloxías dos hologramas e crear unha pantasma dos antepasados que bote por terra o mito do santuario.

Pensas que Pablo está actuando ben tendo en conta que o resultado será a obtención dunha posible cura para o cancro, a pesar de que iso acabe coa forma de vida dos indíxenas e mesmo coa propia selva que os seus mitos se encargan de protexer?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *