Receita para facer mazapán
AG.- A profa Lucía Lence tráenos hoxe unha receita de mazapán cunha fermosa historia de como comezou a facer esta receita! Grazas Lucía!
MAZAPÁN
“Aprendín esta receita nun colexio de Lugo, da man de Carmen Carricoba, unha mestra á que quero moitísimo e da que aprendín a ENTREGA, a EMPATÍA e o ENTUSIASMO pola profesión, ademais da COHERENCIA á hora da toma de decisións, non só a nivel académico senón tamén a nivel persoal. Fixen, sempre que puiden, mazapán por todas as escolas que pasei e, algunha vez, como agasallo á familia e ás amizades. Este ano fago a receita na casa. Animádevos a facela, e así, o vindeiro, “novo” e “próspero” Nadal, podédelo facer no cole; á rapazada vaille encantar!
Espero que gocedes na cociña!
Grazas Carmen!
de Lucía Lence Expósito
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.
Es todo amor, Lucía. Todo aquilo que aprendiches o segues a sementar en cada un dos pequenos que tivo (e terá) a sorte de terte de profe ❤️
Grazas polo teu comentario Raquel!